VOX: de cando as elites quixeron converterse en outsiders

Un paradoxo acompaña a VOX dende que conseguiron poñer patas arriba o mapa político, incidindo na recomposición da dereita e modificando o clima cultural e afectivo en España. Na formación existe unha tensión constitutiva entre a procedencia elitista dos seus dirixentes e a súa proxección discursiva como outsiders do sistema político español. Este paradoxo percorre cada un dos debates da formación, dende a súa relación cos demais partidos até as cuestión programáticas, pasando polas retóricas ou os xestos. Neste sentido, trataremos de abordar a interrelación que garda na formación de dereita radical o seu estilo e proxección discursiva, a extracción elitista dos seus dirixentes e o seu espazo ideolóxico e político.

Na súa análise sobre a formación das clases dirixentes españolas durante o século XIX, Tuñón de Lara (1973) xa advertía da formación de dúas burguesías con intereses económicos e visións políticas de diferente índole: por un lado, unha burguesía residente na capital do Estado, vinculada ao capital financeiro, que formou a súa riqueza a través da especulación de bens (principalmente inmobiliarios) e da conexión (e confusión) cos poderes públicos, e que ademais conectaba coas decadentes clases nobiliarias; por outro, unha burguesía periférica, vinculada co capital industrial e preocupada pola formación dunha economía produtiva, coa súa conexión entre un mercado interior, un mercado de exportación e a produción de bens e servizos.

Na primeira, a diferencia da segunda, non existía nin rastro de tendencias racionalistas ou dunha mínima preocupación pola modernización do estado. Representaban a liña de continuidade das clases dirixentes con respecto o antigo réxime, e polo tanto, a idea dun progreso reactivo e a equivalencia entre a idea do ben político e os seus intereses privados. Claro que a nación tiña que avanzar, pero nunca a costa dos privilexiados. A segunda implicaba un desafío a esta noción, e pretendeu erixirse durante todo o século como a nova clase dirixente do país.

Ese sinal clasista perdurará até os nosos días e será decisiva para explicar tanto o noso modelo produtivo como o carácter de clase das elites políticas. A este capitalismo de amiguetes español é a onde nos leva o rastrexo dos principais dirixentes de VOX que, lembremos, decidiron postularse como partido outsider do sistema político (Hernández, M., e Fernández,M., 2019). Outsiders contra a “derechita cobarde”, os “progres”, “o feminismo”, “a corrección política” ou o “socialcomunismo”. Outsiders contra un caixón de xastre no que caben moitas tendencias comúns e etiquetas, pero no que non figuran algunhas das institucións e actores do país con máis capacidade de dirección ideolóxica, administrativa ou económica (Avogacía do Estado, Exército, IBEX 35, Monarquía). Neste punto atopamos unha curiosa falta de coincidencia entre a súa proxección discursiva (o espazo político que queren representar) e o seu carácter de clase (tanto extractivo como programático). Antes de mencionar os perfiles dalgúns dos seus principais dirixentes, comentemos o lugar que queren proxectar co seu discurso e as tensións internas ó seu rol como outsiders.

Os límites do espazo proxectado: a Internacional Reaccionaria

Os xestos energúmenos de VOX[i], que teñen aparecido nunha atmosfera de resentimento e odio á que eles mesmos contribúen, forman parte dunha proxección consciente de cara a onde queren proxectar o seu espazo ideolóxico. Dito espazo ideolóxico mantén unhas raíces profundas no eido nacional e incorpora unha gran parte da idiosincrasia e dos materiais discursivos da dereita española, pero se hai un escenario sobre o que se erixe este, é o dun momento de interregno propiciado pola hexemonía neoliberal.

A nivel internacional asistimos nos últimos anos a un período de transición cunha duración incerta, no que as cadeas previsibles de causa e efecto suspéndense e en calquera momento poden irromper fenómenos inesperados e perigosos (Ramas, 2019; p. 76). Ese clima volátil e imprevisíbel, caracterizado polas incertezas e a recomposición dos espazos de representación, converte ó político como un obxecto de disputa viábel para distintas estratexias de cambio e representación. Só a través desta consideración podemos comprender que unha parte considerable das dereitas (a dereita radical) non teñan apostado por conservar o statu quo, senón por reconfiguralo a través do ofrecemento dunha alternativa reactiva (Ramas, 2019). Se algo teñen posto enriba da mesa as dereitas radicais é que non hai nada que garanta o monopolio do anti-stablishment por parte das esquerdas transformadoras, resultando un espazo obxecto de reapropiacións.

O espazo que pretende proxectar VOX sitúase dentro dos movementos dados nos últimos anos no seo da Internacional reaccionaria. O “campo en movemento” en cuestión refírese ó crecemento das formacións políticas que tradicionalmente denominamos como de “dereita”, “ultradereita”, “extrema dereita” ou “neofascista” (Ramas, 2019; p. 73). Como comenta Clara Ramas (2019), este campo forma un bloque “con clara afinidade interna a nivel internacional, compartindo axenda, proxectos, referentes intelectuais, mediadores e, incluso, cando se lles permite, financiación” (p. 73). No interior desa Internacional Reaccionaria cohabitan dúas grandes correntes: os “neoliberais identitarios” e os “social-identitarios”. Os referentes explícitos e implícitos dos primeiros son o Thatcherismo, os falcóns do Pentágono, o Tea Party, a Igrexa Evanxélica ou os lobbies fundamentalistas cristiáns, e o seu principal referente intelectual é Steve Bannon. Os seus principais rostros en Europa son “VOX, o grupo Visegrado, o FPO e o PVV” (Ramas, 2019; p. 78).

A outra gran corrente, a social-identitaria, en Europa está representada por algunhas das antigas faccións do Front National (Marine Le Pen, Philippot), pola Lega Nord ou Alternative für Deutschland, e ten como principais referentes intelectuais a Alexandr Dugin (defensor do “populismo integral”, unha Cuarta Teoría Política que articula os valores de dereita co socialismo, a xustiza social e o anticapitalismo) ou Alain de Benoist, fundadores xunto con Limónov do nacional-bolchevismo e da Nouvelle Droit (Ramas, 2019; p.83). Estes últimos, os “social-identitarios”, conectan coa tradición conservadora europea (Chesterton, Burke) no seu choque contra a modernidade, integrando en moitos sentidos un discurso anticapitalista e antiliberal (ou iliberal), mesmo coa capacidade de agregar elementos programáticos doutras matrices político-ideolóxicas, como os da socialdemocracia, o feminismo ou o ecoloxismo (Ramas, 2019). Esta corrente supón a volta á doutrina da axenda nacional e social na que emerxeu a Revolución Conservadora dos anos 20: “patriotismo, defensa de certas políticas sociais, identidade nacional exacerbada e proxección no estranxeiro dun <inimigo do Pobo>>“ (Ramas, 2019; p. 84).

Actualmente, os dous puntos de solidez no seu discurso comparado son a anti-inigración e o euroescepticismo. Sobre o primeiro asunto é destacable a capacidade de partidos como RN (Rassemblement National) para acadar apoio entre os homosexuais ou para relacionarse positivamente co movemento feminista a través dun discurso islamofóbico; tamén a redirección das políticas redistributivas de cara á comunidade nacional, apostando pola eliminación das prestacións e os sistemas de inclusión dos inmigrantes,  por parte dos Demócratas suecos (Sverigedemokraterna, SD) ou da AFD (Alternative für Deutschland). Sobre o segundo punto de solidez, marcan enormes distancias coa deriva do gobernanza neoliberal, apostando por programas sociais que se dirixan aos perdedores da globalización, o cal lles confire a capacidade de recibir apoios dunha parte significativa da clase traballadora, antigas clases medias depauperadas e pequenos e medianos empresarios. Ambas dimensións son artelladas baixo o ideal do soberanismo e o nacionalismo, resultando evidente, por exemplo, cando o discurso contrario á inmigración remarca sobre os efectos da globalización independentemente de que bascule entre a xenofobia e a islamofobia (Ramas, 2019).

VOX nin pincha nin corta nesta corrente da Internacional Reaccionaria, aínda que durante a súa intervención política poida engadir “xiros sociais” e incorporar elementos discursivos propios dos social-identitarios. A formación de dereita radical en España encadra mellor na outra categoría clasificadora: os neoliberais autoritarios. Esta corrente é a herdeira do neoliberalismo anglosaxón, baséase na combinación de posicións ultraneoliberais no económico e de posicións reaccionarias no moral, constituíndo o retorno do neoconservadurismo (neocon): “neoliberalismo económico, autoritarismo social e reaccionarismo moral” (Ramas, 2019; p. 77). Unha mostra dese autoritarismo social (traslado das lóxicas despóticas dunha esfera a outra –da doméstica á política, pasando pola económica) está na promesa de Trump de administrar os Estados Unidos como un negocio ou na de Bolsonaro de reinstaurar a orde mediante a disciplina militar, conectando ambos na restitución do lazo social desde arriba (Bonapartismo).

A orixe ideolóxica desta corrente remóntase aos Estados Unidos dos anos 70, cando un grupo de intelectuais (Glazer, Lipset, Wilson) deron un xiro neoconservador perante a viraxe esquerdista do liberalismo americano e a manifestación dun amplo conxunto de movementos sociais (feminismo, ecoloxismo, protestas estudantís, contracultura, movemento negro). Ese xiro tamén foi unha reacción que criticaba a “enxeñaría social” e sinalaba os perigos do igualitarismo da Nova Esquerda, conformando un bloque perante unha serie de perigos comúns: o antiamericanismo, o relativismo moral e o liberalismo de esquerdas. Posteriormente articuláronse dentro do Partido Republicano (Kristol, Kagan, Boot) e influenciaron en gran medida á administración Bush nos anos 2000 (Ramas, 2019; p. 78).

Vox comparte moitos máis elementos con esta última corrente que, como acabamos de ver, mantén como tronco común ideolóxico unha conxunción de doutrina económica liberal-neoliberal e rexeitamento dos movementos sociais progresistas. Aínda así, trátase dunha corrente que presenta dous envoltorios moi distintos: por un lado, o dunha “alt-right” que medra no uso das redes sociais, os memes e a estética millenial, dándose un aire antisistema e respondendo ó momento de “cinismo, provocación e aburrimento xeneralizado”; por outro, o dun “conservadorismo tradicional” que sitúa a súa fixación na familia, a comunidade, a relixión e a orde (Ramas, 2019; p. 79). O electorado “natural” de VOX, votantes de clase media-alta que proveñen do Partido Popular e que se definen por oposición á esquerda, o feminismo ou o laicismo, síntese interpelado principalmente polas articulacións destes dous envoltorios do neoliberalismo autoritario. Pero a esta reedición do neoconservadorismo, debemos engadir que a dirección de VOX entendeu as posibilidades electorais que lle abría incorporar elementos da corrente social-identitaria.

Un dos paralelismos que se teñen amosado como máis certeiros para a comprensión de VOX é o da AfD: ambos son partidos emerxentes en países que tiveron até o momento capacidade de contención da extrema dereita, que se artellan en torno ó conflito territorial (Alemaña: este-oeste; España: centralismo interior-nacionalismos periféricos) e son liberais no económico, máis incorporan retóricas sociais para ampliar o seu voto. Outro paralelismo frecuente é o de Marine Le Pen (moito máis próxima ós social-identitarios). Sobre este último exemplo, cabe destacar a maior proximidade da formación con Marion Maréchal Le Pen, que garda unha posición “máis conservadora no moral, tipo Rocío Monasterio, e liberal no económico” (Fernández-Vázquez; en Prieto, 2019).

Sobre estes paralelismos, cabe mencionar a comparación co FN dos anos 80, a cal é de interese tanto polo parecido do discurso de VOX como polo debate estratéxico que tiveron a finais de século sobre o potencial electorado obreiro. O límite desa posibilidade foi a falta de convicción nas políticas redistributivas de Jean-Marie Le Pen, que pese a iso incorporou pequenas medidas programáticas e xestos para atraer a outros sectores da sociedade sen perder ó seu tradicional “electorado aristocrático”. Esta posibilidade foi explorada por VOX tras a diagnose que realizaron en setembro de 2019, onde entenderon que o medo a outra recesión económica podía ser interpelado a través destas operacións discursivas. As similitudes de VOX co histórico FN e con Marine Le Pen (“somos unha forza patriótica e social”; “VOX é a voz dos que non teñen voz”) fai que nos resulte imposible non pensar nos ganchos con contido social que ten incorporado na contenda política, pero se cabe resulta máis evidente a contradición entre retórica e programa no caso da formación española (Prieto, 2019).

Outro punto de relevancia para a comprensión cabal desta formación é a súa composición interna. Dentro de VOX conviven distintas correntes: “Hai unha posición lixeiramente máis inclinada ao social, ou non tan radicalmente contraria ao Estado do benestar, e outra claramente comprometida co neoliberalismo, encabezada por Monasterio e Espinosa de los Monteros” ”(Fernández-Vázquez; en Prieto, 2019). En referencia ao comentado máis arriba, e como se observa lúcidamente neste artigo consultivo de Carlos Prieto (2019) con Emmanuel Rodríguez e Guillermo Fernández-Vázquez, “unha solución de compromiso para VOX sería a de Marion Maréchal Le Pen: manter un programa liberal, pero con pequenos ganchos en política social: axudas á natalidade ou outras axudas sociais… limitadas aos cidadáns nacionais, vía pola que optou Jean-Marie Le Pen entre 1995 e 2011”.

Como vemos, son moitas as respostas que poden adoptar as distintas formacións integradas na Internacional Reaccionaria. As distintas tonalidades dos populismos de dereita en Europa atopan unha encrucillada fundamental na súa relación tanto coas políticas de austeridade como cos partidos que as implementaron. VOX semella coexistir en plena conivencia con ambas cousas: chega a acordos co Partido Popular e acepta as receitas neoliberais. Como observa Moreno (2018):

“VOX peléxase contra vento e marea por intentar ser visto como parte dese cambio transnacional para xerar expectativas ao redor súa, pero a Bannon non lle remata de convencer isto, non están moi á par con Le Pen e a súa crítica á austeridade. Ademais, en VOX non poden nin ver a Salvini. De feito, Abascal non dubida en remarcar cada vez que pode que Salvini apoiou aos independentistas cataláns e vascos, e desta forma intenta evitar que a Lega torne nunha referencia para a extrema dereita española”. 

Vemos nestas páxinas que VOX tamén é fillo da cartografía da dereita radical internacional. As súas ambivalencias ideolóxicas atopan o seu reflexo nas sufridas polas dúas correntes da Internacional Reaccionaria (Social-identitarios e Neoliberais autoritarios), ao mesmo tempo que os seus macizos ideolóxicos conectan co retorno do neoconservadorismo e o campo afectivo compartido entre o conservadorismo moral e a alt-right. O espazo simbólico que VOX pretende erixir na política española atopa os seus límites e potencialidades nas articulacións deste mapa de sentido e demandas. É por iso que resulta neste primeiro punto paradóxica a súa proxección como partido anti-stablishment.

O último ciclo político tamén foi o da recomposición da dereita española. A VOX convenlle ser un partido outsider nesa disputa entre conservadores e reaccionarios polo liderado da dirección moral e intelectual do país. Pero como comenta Errejón (2019) en relación a como as esquerdas deberían entender esta recomposición, cabe sinalar que <<os representantes da ultradereita están moi cómodos se se lles agasalla o papel de «formación antiestablishment» fronte á cal tódolos outros partidos se coaligan. As forzas progresistas sitúanse así á defensiva e perden á iniciativa, mentres que os reaccionarios pódense presentar como outsiders separados da política convencional por algunha sorte de diferencia radical que os fai diferentes>>. Perante isto convén pensar a forma de dirixir e intervir no debate público incidindo nas causas do problema, no canto de dedicar o conxunto de estratexias a neutralizar a ofensiva da extrema dereita. “Segar a herba baixo os seus pés”, isto é, comprender o fenómeno do neofascismo en España como o síntoma dalgo moito máis profundo contra o que debemos intervir con aínda máis urxencia.

Dende esta aposta epistémica podemos considerar que VOX é un partido outsider na medida en que se proxecta como tal e constrúe unha narración contra o(s) inimigo(s) do pobo español. Pero, dada a importancia que teñen determinadas demandas sociais (servizos públicos, seguridade social, sanidade, educación, dereitos laborais), para que esa operación ideolóxica sexa efectiva tería que sucederse algo máis que “xestos sociais” por parte da formación, cousa que resulta farto complicada se consideramos a procedencia socio-política dos seus principais dirixentes. Unha construción do popular en clave social-identitaria sería unha enorme posibilidade para VOX, pero resulta difícil imaxinar que tomen ese camiño con convicción. Por iso non debe estrañar que a formación de Abascal edifique as súas bases sobre unha retórica autoritaria e unha xestualidade iracunda, ambas emerxentes de entre a ocultación  da extracción elitista dos seus dirixentes e do conxunto de medidas programáticas neoliberais.

Señoritos con apelidos compostos contra o stablishment

Procedemos agora a comentar a extracción elitista dos principais dirixentes de VOX, cuxa procedencia social conecta co carácter de clase que impregna ós contidos programáticos do partido:

Comenta Ovejero (2018) que “sen arriscar moito, cabe recoñecer en Vox tres vetas ideolóxicas. A primeira entronca coa Democracia Cristián clásica, baleirada, iso si, daquela decoración socialdemócrata que se deu en chamar «doutrina social da Igrexa». A segunda aveciña a Vox cos populismos de dereitas europeos que, da peor maneira, explotaron o reto da inmigración. A terceira, o nacionalismo español”. Como vimos anteriormente, estas “tres vetas ideolóxicas” coinciden co programa de moralismo reaccionario e neoliberalismo autoritario propio da reedición actual dos neocon, pero debemos pousarnos por un segundo na súa idiosincrasia nacional -que non é outra que a da dereita social e política-. Os materiais cos que VOX articula o seu discurso nacionalista e neoliberal proceden de DENAES e do aparello intelectual do aznarismo (FAES). Estes materiais operan como unha falla constitutiva que afecta a todo o proxecto estratéxico de VOX, facendo complicada a súa relación cos populismos de dereita europeos. Como nos recorda Emmanuel Rodríguez (en Prieto, 2019), esta formación “segue a ser un partido moi de réxime, moi sistémico, non ten aínda o atrevemento de certos populismos europeos de dereitas, segue a ser un sector radicalizado do PP”.

A extracción elitista (procedentes do PP e o seu aparello intelectual) e a procedencia social dos dirixentes de VOX foi moi ben captada por un dos intelectuais orgánicos da dereita española, Jiménez Losantos, quen chama a Espinosa de los Monteros e Monasterio “aristogatos”. A procedencia social dos dirixentes de VOX opera como un condicionante xenético, como acto fundacional e rastro orixinario da formación, ao modo dunha materia orgánica capaz de producir arraigo e sentido de pertenza. No cadro 1 atopamos unha lista de 25 nomes dalgúns dos principais liderados políticos, morais e intelectuais da formación. Algúns dos nomes baixaron o seu nivel de implicación, outros abandonaron a formación e outros cobraron protagonismo co tempo. Na táboa recollemos as traxectorias de cada un deles na política institucional, os temas nos que máis inciden co seu discurso e a súa procedencia social.

Liderado Procedencia social Incidencia discursiva Vinculación coa política
Santiago Abascal Conde
(Presidente de VOX e deputado nas Cortes Xerais)
Empresario hostaleiro. Traballos en Heineken e Urban Concept.

Distintos cargos vinculados explícita e implícitamente ao PP. Cífranse en 730.000 € a fortuna adquirida por Abascal mediante o cobro de soldos públicos e cargos de cuestionable utilidade
Loita contra ETA: crítica ao diálogo do goberno popular coas formacións nacionalistas e coa pasividade con respecto á Doutrina Parot e a excarceración de presos políticos vascos.

Vinculación coas retóricas do nacionalismo español. Promotor da Fundación para a Defensa da Nación Española (DANAES).

Anticomunismo e antisocialismo.
Fomento do odio
Concelleiro e asesor no goberno de Álava, tras ser subdelegado do mesmo con César Velasco Arsuaga (marido da súa tía Begoña Conde). En 2005 foi nomeado por Alfonso Alonso como asesor da alcaldía de Vitoria.

En 2010 Esperanza Aguirre desígnao como director da Axencia de Protección de Datos da  Comunidade de Madrid, cun soldo superior ao do presidente do goberno naquel momento. En 2013, con Ignacio González como presidente de Madrid, asume o cargo de xerente da Fundación para o Mecenazgo e o Patrocinio Social. Destináronse 82.491 € como soldo para Abascal, nunha subvención anual de 183.600 € para a fundación.

Rocío Monasterio San Martín

(Presidenta de VOX na Comunidade de Madrid, vicesecretaria de Asuntos Sociais do partido e Portavoz do grupo parlamentario na asemblea madrileña)

Empresaria e arquitecta. Dedicouse á decoración de vivendas luxosas e á conversión en lofts coa colaboración dos negocios como promotor inmobiliario do seu marido (Espinosa de los Monteros).

A familia de Monasterio forxou a súa fortuna a través dunha rede de colonias azucareiras en Cuba, co beneplácito das ditaduras de Gerardo Machado e Fulgencio Batista. No Ingenio Manuelita vivían os seus traballadores sen seguridade social e en condicións pésimas. Perante as protestas destes, a conexión da familia co estado cubano facilitaba a durísima represión por parte da Guardia Rural. Coa chegada da revolución cubana, a empresou mudou o seu nome (“14 de julio”) e foi expropiada polo novo goberno.

Rocío Monasterio é a deputada co patrimonio máis grande da Asemblea de Madrid. Ten seis bens inmobles recibidos en herdanza e dúas sociedades limitadas (KFC) por valor de 200.000 €
Reacción contra a “ideoloxía de xénero”.

Sintonía con plataformas como HazteOír, compartindo a matriz ultracatólica e conservadora.

Populismo punitivo e discurso antiinmigración.

Fundadora do Foro Generación do 78.

Fundadora da Plataforma por las Liberdades

Francisco José Alcaraz

(Deputado nas Cortes Xerais
Perruqueiro
Cristianismo evanxelista.

Discurso contra o terrorismo etarra e promoción das interpretacións conspiranoicas do 11-M.
Presidente e portavoz da Asociación de Vítimas do Terrorismo (AVT) entre 2004-2008.

Fundador e presidente de Voces contra o Terrorismo (VcT).



Iván Espinosa de los Monteros y de Simón
 
(Portavoz do grupo parlamentario no Congreso e vicesecretario de Relacións Internacionais do partido)
Procedencia familiar aristocrática: fillo de Carlos Espinosa de los Monteros y Bernaldo de Quirós, IV Marqués de Valtierra, e de María Eugenia de Simón y Vallarino. O seu pai ocupou cargos directivos en Iberia, Inditex, Mercedes Benz, Acciona…Tamén foi presidente do Círculo de Empresarios e do comisionado para a Marca España.

Experiencia empresarial compartindo negocios no sector inmobiliario con varios condenados por corrupción: socio dun evasor fiscal (Andrés Guillamot) nos fondos Varsovia, ou con Jacobo Gordon (condenado polo caso Gurtel). Unha das empresas nas que tiña participación empresarial a súa familia (EGRYC SA) recibiu varias notificacións de embargo e incomparecencia ante Facenda.

Na súa declaración rebela a posesión de 1,12 millóns de euros en accións, un plan de pensións, catro inmobles en Madrid, unha residencia en Cantabria e un BMW.
Vinculación coa extrema dereita e defensa dalgunhas das súas matrices comúns (antiinmigración, antifeminimo, antisocialismo).

Neoliberalismo. Refírese a asuntos como o recorte das pensións ou a eliminación da gratuidade dos medicamentos. Defendea desregulación do mercado e da redución do peso do sector público.
Defensor da familia tradicional.



Por filiación familiar, co seu pai, sempre estivo achegado ás redes de poder empresarial (Círculo de Empresarios),



Rafael Luis Bardají López

(Afiliado a VOX, intelectual neoconservador)
Publicista e sociólogo especializado en Relacións Internacionais.

Forma parte do consello de administración Explosivos Alaveses S.A

Discurso e marcos herdados do neoconservadorismo.

Ideólogo da invasión de Irak en  2003.

Defensa do sionismo mediante a fundación Friends of Israel Initiative
Antiislamismo

Asesor do PP (de Eduardo Serra e Federico Trillo). Director de Política Internacional do FAES.

Fundador do GEES (Grupo de Estudos Estratéxicos) no 1987. Subdirector de investigación e análise do Real Instituto Elcano.
Alberto Teófilo Asarta Cuevas

(Deputado nas Cortes Xerais)


Coronel do exército español. Participou na Batalla de Navaf en Irak o 4 de abril de 2003. Maior Xeral. 


·  
Asinou nunha plataforma de exaltación de Franco.




·        



Javier Ortega Smith-Molina

(Secretario xeral de VOX e deputado nas Cortes Xerais)

Avogado de profesión. Ten oito propiedades entre vivendas, solares, fincas e locais comerciais.

Fillo do  avogado guipuzcoano Victor Manuel Ortega Fernández-Arias e Ana María Smith-Molina Robbiati. A súa familia frecuentaba os entornas aristocráticas da época, tendo moita cercanía con Ramón Serrano Suñer e os Navarro-Quijano. A súa  nai vincúlase cos negocios da construción e as obras públicas, integrada desde fai uns anos en SMITH MOLINA SA
 
Militarismo.

Foi a cara visíbel do partido na ofensiva de querelas contra moitos cargos políticos. Tamén foi letrado de acusación durante o proceso xudicial aberto tras o referendo en Cataluña.
Primo do xeral de división na reserva Juan Chicharro Ortega, presidente executivo da Fundación Nacional Francisco Franco.  

Colaborador no boletín “Así” de FE de las JONS na súa xuventude.

Participación no partido político Foro durante os anos 90.

Traballou no departamento xurídico da fundación DENAES.

Vinculado desde o comezo con VOX. Pertence ao sector duro do partido. É un boina verde e participou no despregue dunha bandeira española de 180 metros de largo no Peñón de Gibraltar
 



José María Figaredo Álvarez-Sala

(Deputado nas Cortes Xerais)
Neto do empresario mineiro José María Figaredo Sela e familiar de Rodrigo Rato. Dedícase á avogacía e á venda polo menor.
Declarou un soldo anual de 86. 024,96 €. Recibe distintas rendas inmobiliarias.

Discurso anti-inmigración. Aproveitou o contexto de pandemia para alertar dos riscos de enfermidade para os españois dos movementos migratorios.
Crítico coa lei de memoria histórica
Colaboración no Clube dos Venres, un think tank ultraliberal.



Hermann Leopoldo Tertsch del Balle-Lersundi

(intelectual e europarlamentario da formación)
A súa familia está vinculada ó trafico de escravos e ó negocio das facendas en Cuba (“ingenio Guaimaro”). A súa nai foi a Marquesa de Guaimaro.

Periodista e escritor. Membro do Consello Editorial da Gaceta da Iberosfera. Pasa primeiramente polo negocio xornalístico familiar, facéndose oco entre algúns dos principais medios do país.
Crítico da política antiterrorista de Zapatero.

Defensor do sionismo e da política exterior agresiva no Oriente Próximo.
Fundador do Foro de Ermua
·
Colaboración co Centro Sefarad-Israel



Andrés Alberto Rodríguez Almeida

(Deputado nas Cortes Xerais)
Empresario. É un dos parlamentarios máis ricos do Congreso: declarou 3,6 millóns de € en renda. Ten 10 locais comerciais, un piso e dous coches de alta gama.

Avogado e director dun centro privado de educación primaria.

Discurso de ataque constante ás políticas sociais do goberno de coalición PSOE-UP.

Discurso anti-inmigración. Aproveitou a crise migratoria en Canarias para afianzar marcos de intolerancia e xenofobia.
Defensa da escola privada e concertada.
Conexión con distintos medios de comunicación de dereita a nivel local (Digital Faro Canarias)



Víctor Guido González Coello de Portugal

(Deputado nas Cortes Xerais, vicepresidente primeiro e responsable  da vicesecretaria de recursos en VOX)

Condenado como responsable directo da ruína da Marmolería Leonesa.

Encargado da captación de fondos en VOX, e segundo comentan algún ex-membros, está implicado na ocultación de donacións empresarias ó partido a través de testaferros.
Neoliberalismo. Aliñamento coa ortodoxia económica.

Anticomunismo.

Colaboración en distintos programas e tertulias de extrema dereita.



Alejo Vidal-Quadras

(Presidente provisional de VOX e candidato ás europeas do 25 de maio durante o 2014-2015)

Físico (catedrático de física atómica e nuclear).

Descendente da alta burguesía barcelonesa.
Neoliberalismo. Aliñamento coa ortodoxia económica.

Anticomunismo.

Liberal-conservadorismo.

Crítico coas alianzas da dereita española cos nacionalismo periféricos. Abandonou a presidencia do PP en Cataluña tras o Pacto do Majestic en 1996.

Proclive ao sionismo.

Contacto español da Organización dos Muyahidines do Pobo de Irán.

Discursos contra a aprobación do matrimonio homosexual.



·          Traxectoria política no PP durante 30 anos (presidente do partido en Cataluña, vicepresidente no Parlamento Europeo).

Foi presidente da Plataforma Convivencia Cívica de Cataluña.

Participa no European Friends of Israel.

Abandonou VOX por diferencias cos plantexamentos de disputa radical contra a “extrema esquerda” española e por non acercarse a UpyD e C´s.

Forma parte do patronato de honor de DENAES.



Enrique Cabanas Burkhalter

(Coordinador do grupo parlamentario de VOX no Congreso e vicesecretario da presidencia de VOX)



Empresario.



Vinculación coa defensa das vítimas de ETA
Nacionalismo español.
Coincidencia con Abascal na Fundación para la Defensa de la Nación Española (DENAES)



Ignacio Garriga Vaz de Concicao

(Vicesecretario-portavoz no Comité executivo de VOX. Líder da formación nas eleccións catalanas. Deputado no Parlamento catalán.
Odontólogo e profesor universitario na Universidade Internacional de Cataluña.
Coñecido pola celebración  do golpe de Estado do 36 cada 18 de xullo.

Especializado no discurso anti-inmigración, emprega a súa procedencia familiar para defender unha inmigración legal, xerárquica e cristiana. Manifestouse a favor das deportacións obrigatorias dos inmigrantes ilegais.
Afiliado do PP até 2005. Cercano ao sector de Montserrat Nebrera, abandonou a formación tras a derrota en primerias contra Sánchez-Camacho.

Número 18 na lista de Alternativa de Govern nas eleccións catalanas de 2010.



María Esperanza Araceli Aguilar Pinar
(Eurodeputada e vicesecretaria de Relacións Institucionais de VOX)


Traxectoria de 25 anos traballando na banca privada (Bank of America, BBVA, Banesto, Trasmediterrànea, Airtel-Vodafone).
Anti-inmigración.Tertuliana en programas da canle Intereconomía.



Pedro Fernández Hernández

(Deputado no Congreso e concelleiro en Madrid)
 
Acompañamento xurídico a Ortega Smith no Tribunal Supremo.

Avogado do Colexio de Avogados de Madrid. Profesor no Mestrado de Acceso á Avogacía no CEU San Pablo, Universidade Complutense de Madrid, a Universidade Europea de Madrid e en outros organismos como o Instituto de Estudios Bursátiles (IEB) e o Colexio de Avogados de Madrid.
Impugnación do independentismo catalán no seu exercicio como acusación popular.

Anticomunismo.
Defensa da escola privada e concertada



Manuel Mariscal Zabala

(Deputado nas Cortes Xerais e xefe de comunicación do partido)

Realizou as prácticas na secretaría de Estado de Comunicación do Palacia da Moncloa. Foi becario no ABC.

Dirixe toda a estratexia comunicativa do partido. Está detrás da inxente cantidade de xestos mediáticos do partido (Abascal a cabalo probablemente sexa a máis icónica).
Xestionou as redes sociais de Esperanza Aguirre. Cercanía ao PP.



Ana Velasco Vidal-Abarca
 
(Referente moral e intelectual, ademais de cofundadora da formación nos seus inicios)

Filla de Ana María Vidal-Abarca (fundadora e antiga presidenta da Asociación de Vítimas do Terrorismo- AVT).

Directora de comunicación.
Vinculación na loita contra ETA protagonizada polo conservadorismo político.
Colaboradora en Libertad Digital

Pertenceu ao patronato, dirección de comunicación  e vicepresidencia da Fundación Villacisneros.



 
José Luis González Quirós
 
(Presidente da foración durante o verán de 2014, referente intelectual)
Filósofo e catedrático de Instituto.
 
Defensa da monarquía e o centralismo.
Cofundador de VOX, abandonou a formación en 2015. Pasou pola UCD, CDS e PP previamente.

Vinculación co Aznarismo: membro do Consello Asesor de FAES. Creador e director da Revista Cuadernos, unha publicación editada pola FAES.
Liderou a toma de contacto con Dolores de Cospedal para formar unha Xunta Directiva Nacional que abordase a continuidade de Rajoy nos meses previos á fundación de VOX.



Cristina Seguí García
 
(Referente intelectual da formación)
Xornalista e escritora
Colaboradora en espacios como OK Diario. Liderado moral e intelectual no inicio da formación. Nítido exemplo do espazo ideolóxico natural á formación. Defínese como “capitalista contra a corrección política e a ideoloxía de xénero”.
Tras a súa discusión con varios membros do Comité Executivo Nacional, acercouse ao Partido Popular de Pablo Casado.



José Antonio Ortega Lara
 
(Referente moral do partido e cofundador do mesmo)
Funcionario de prisións, mestre e licenciado en Dereito.
Defensa da rexeneración perante a orfandade do espazo de centro-dereita.
Discurso contra a xestión do terrorismo por Zapatero. Apoio á AVT.
Militante do PP durante 20 anos. Abandona o partido en 2008.



Ignacio Camuñas Solís
(Cofundador e vicepresidente de VOX nos inicios da formación, referente intelectual)
Participou no Club Bilderberg en 1980

Patrono da Fundación Valores y Sociedad
Vinculado ao mundo editorial.
Anti-independentismo catalán.Foi un dos cofundadores da UCD de Adolfo Suárez.

Ministro de Relacións coas Cortes no 1977.
Relación directa co Aznarismo a través da Fundación Valores y Sociedad, presidida por Mayor Oreja.



Enrique Alvárez López
 
(Cofundador do partido)

Economista de formación e empresario. Presidente de Arthur Andersen.
Neoliberalismo.Testigo no caso Púnica.



María Jesús Prieto-Laffargue
 
(Cofundadora do partido)
Enxeñeira de Telecomunicacións. Diplomada na Alta Dirección de Empresas polo IESE. Diplomado no Programa Intensificación de Finanzas Avanzadas polo Centro Internacional de Investigación Financiera  da Universidade de Navarra.

Xerente Nacional de Telefónica Sistemas S.A., directora Xeral da empresa Sistelcom, S.A. Adxunta ao Presidente de Unión FENOSA Inversiones Conselleira dominical de grandes empresas privadas.

Presidenta  da Fundación Independiente. Primeira muller Presidenta do Instituto de Enxeñaría de España e primeira en presidir a  Organización Mundial da Enxeñaría (WFEO).
Perfil tecnocrático. Despolitización e naturalización da ideoloxía neoliberal en asuntos como a colaboración público-privada.Directora xeral do Instituto Nacional de Meteorología durante o goberno de Aznar



María Jesús Prieto-Laffargue
 
(Cofundadora do partido)
 
Agustín Rosety Fernández de Castro
(Deputado nas Cortes Xerais)

Xeral de Brigada do Corpo de Infantería da Marina (retirado). Licenciado en Dereito e membro da Real Academia Hispano-Americana.
Diplomado de Estado Maior, de Operacións Especiais, Especialista en Artillería e Cazador Paracaidista.
Asinante manifesto de apoloxía a Franco. Relativizou a polémica do chat entre militares chamandoa a fusilar a 26 millóns de españois.Membro da Asociación Católica de Propagandistas.

Relación directa con Juan Chicharro, presidente executivo da Fundación Francisco Franco.

Grandes empresarios, altos mandos do exército, profesores en universidades privadas, xornalistas en grandes medios de comunicación, aristócratas, padroados de grandes fundacións privadas, asesores da banca privada…Sobre a procedencia social das elites do partido, comenta Sara Serrano (2020) que “por moito que traten de escondelo, cos seus apelidos compostos, a súa educación elitista, os seus posgrados nas mellores e máis caras escolas de negocios e unha axenda de contactos ben colocados na escala social, os membros de Vox teñen moi complicado negar a súa orixe patricia”. Leva razón, a pouco se procure información sobre os principais liderados de VOX atopámonos coa súa procedencia das altas esferas da sociedade. Un exemplo evidente o temos na riqueza acumulada polos 52 deputados de VOX no Congreso, dos cales “17 declaran ter participacións en empresas, o que supón unha proporción máis alta que noutros grupos políticos da Cámara Baixa e dános unha idea dos intereses que representa o partido ultradereitista no hemiciclo” (Serrano, 2020). Non é casualidade que os deputados de VOX sexan os máis ricos de todo o congreso. A vinculación política co pasado do Partido Popular e a súa conexión orgánica co Aznarismo (redes de interese) operaron como mecanismos de acumulación e captación de rendas.

Dende o seu rexistro como partido a finais do 2013,VOX tivo como un dos seus obxectivos iniciais capitalizar electoralmente o descontento da ala máis conservadora da dereita española, por aquel momento distanciada coa xestión de Mariano Rajoy. Naquel momento, ao mesmo tempo que aparecía na escena Abascal, o anterior líder do PP (José María Aznar) encabezaba estas críticas ao seu sucesor[ii], o que fai aínda máis evidente a día de hoxe as afinidades e conexións íntimas entre a fundación de VOX e o aznarismo. Esas afinidadades viñan trazadas por traxectorias socio-políticas compartidas (figura 2).Como comenta Sergio Sangiao (2018): “Nun primeiro momento algúns medios chegaron a definir ao partido como unha escisión da formación fundada por Manuel Fraga porque, entre outras cousas, Abascal chegara a ser deputado autonómico e presidente das Novas Xeracións no País Vasco. Moitos dos fundadores de Vox non eran caras novas en política; sete dos dez xa tiveran cargos no Goberno de España ou relacións con Aznar e o PP”.

Figura 2. Afinidades e conexións de VOX co aznarismo


–>
Font: https://ctxt.es/es/20181129/Politica/23127/vox-aznar-eta-esperanza-aguirre-sergio-sangiao.htm

Porén, non é de estrañar que a incidencia discursiva dalgúns dos principais liderados de VOX semelle unha sorte de neoaznarismo. Moitos dos perfiles gardan unha relación directa co tecido asociativo e as redes de interese forxadas por Aznar, dende empresas, pasando por medios de comunicación, fundacións e institucións. Esa vinculación fundacional seguirá existindo por máis que procuren liñas de fuga (“xestos sociais”) nos seus discursos. En que se traduce isto? Nunha matriz discursiva que integra nun totum un conxunto de posicións aparentemente dispersas: loita contra o terrorismo de ETA, islamofobia, sionismo, centralismo monárquico, patriarcalismo, eloxio do golpe de estado franquista, antifeminismo, anti-independentismo, nacionalismo español, rexeneracionismo, anti-inmigración…

Uns deses eixos temáticos recorrentes é a invocación do pantasma de ETA[iii]. Lembremos que no seu momento, a xestión das políticas coas vítimas do terrorismo e os presos de ETA por parte de Mariano Rajoy (denominadas “brandas”) foron duramente criticadas polo aznarismo. Esa incidencia discursiva ten moito que ver coas biografías daqueles que encabezaron a presentación en público da formación en xaneiro de 2014. Unha boa parte do capital político do Partido Popular no País Vasco incorporouse a VOX naquel momento. Cando en 2013 o Tribunal Europeo de Derechos Humanos (TEDH) tombou a Doutrina Parot, producíndose a excarceración de antigos membros de ETA, Abascal xa se postulaba como un dos referentes na denuncia da pasividade do goberno do PP coa sentenza.

No medio dunha crise de representación, onde múltiples demandas quedaban desatendidas institucionalmente, e onde unha parte significativa dos sectores máis radicalizados da dereita española distanciábanse do executivo de Rajoy, Abascal intentaba sumarse ao discurso “rexeneracionista” (logo abandeirado por Albert Rivera). Un mes despois da sentenza sobre a Doutrina Parot arriba comentada, Abascal comentaba na súa carta de abandono da formación popular que aquilo fora “a gota que colmaba o vaso”, acusando directamente a Rajoy de non actuar contra a “corrupción que afectara ao PP”. Desta forma VOX comprendía que a corrupción sistémica era un dos temas que máis indignaba á cidadanía, constituíndo unha preocupación transversal. Naquel momento non funcionou (nas europeas de 2014), pero hoxe é un dos lugares discursivos que mellor enganchan co seu electorado.

Tamén é evidente a conexión do exército español, ao cal venera e lanza constantes eloxios nos espazos onde se forma a opinión pública. Se os comités executivos de VOX se caracterizan pola vinculacións das súas persoas a grandes empresas e negocios por conta propia, non é menos a insistencia dos seus membros en que foron servidores do exército. De feito catro militares obtiveron escanos con esta formación nas circunscricións de Cádiz, Castellón, Málaga e Alicante. Entre eles resultan coñecidos pola súa defensa da ditadura franquista Agustín Rosety Fernández e Alberto Teófilo.

Con todo o comentado até aquí xa non resulta tan paradóxico que as liñas programáticas de VOX no eido económico sexan reducir os impostos ás herdanzas, desmantelar o sistema público de pensións, rexeitar as “paguitas” a persoas vulnerables, retirar as dietas dos deputados durante o estado de alarma, rexeitar a subida de impostos ás grandes rendas ou apostar por minimizar o peso do sector público na economía. A composición de clase e a procedencia política dos que fundaron este partido poden con calquera xesto social ou construción discursiva populista.

A recente historia de VOX é a dunha formación que se articula internamente entre dúas almas: a de Abascal parafraseado a Diamantino García (“cura dos pobres” e fundador do Sindicato de Obreiros do Campo) durante as pasadas eleccións andaluzas, falando de VOX non como “un partido de extrema dereita, senón de extrema necesidade”;e a de Espinosa de los Monteros reuníndose en Londres con importantes fondos de inversión para a procura de financiación e sinerxías empresariais. Comenta Sergio Sangiao (2018) que durante o 2018 existiu unha <<tensión no seno do partido entre os “ricos sen complexos” e os que avogan por redefinirse en clave popular, seguindo a estela da extrema dereita europea>>. Retomando o fío inicial: VOX debateuse entre o neoliberalismo autoritario e o social-identitarismo. Pero como non podía ser doutro modo, gañou o reaccionarismo moral dos ricos. E é que estas almas comparten algo moito máis importante que os principios: uns intereses de clase.

Ese é o paradoxo que aparece na ambivalencia entre a retórica propia dun patriotismo reaccionario e a declaración de conivencia coas clases capitalistas. VOX é un partido reaccionario contra os movementos sociais emerxentes e a esquerda política, pero non só contra estes. Naceu como “un chantaxe á dereita Sorayista”, esa dereita que <<pensaba que a mellor forma de sobrevivir á crise política do réxime do 78 era concentrar todas as súas forzas en defender os consensos dos tres partidos “constitucionalistas”; unificar ese espazo político “constitucionalista» para deixar aos seus contestantes coma “un inimigo común”>> (Moreno, 2018). Reacción, como vemos, por partida dobre, que explica o seu radicalismo verbal e que conecta moi ben coa guerra cultural internacional propiciada polo retorno do neocon, esa que convirte o neofascismo nalgo cool.

O PP de Rajoy mantiña un perfil baixo sobre cuestións coma o aborto, o feminismo, os dereitos das persoas LGTBI e abríase a pactos coa dereita dos nacionalismos periféricos (PNV e a antiga Convergencia). O malestar que isto provocaba entre boa parte do electorado do PP foi a oportunidade perfecta para iniciar a recomposición do espazo político da dereita, plenamente involucrado na crise do bipartidismo. Hoxe, nun tránsito do sistema de partidos cara o bibloquismo, caracterizado pola ruptura das dinámicas que procedían a dar estabilidade ao réxime do 78, VOX aprendeu que moito máis efectivo que esixir o regreso á casa común da dereita é sinalar a impotencia e a incapacidade dos aliados do seu bloque, arrastrando ao conservadorismo e o rexeneracionismo de dereitas, e producindo un desprazamento do bloque cara  posicións reaccionarias.

Pero ollo, aquí ábrese unha enorme posibilidade á hora de relacionarnos co adversario político. Así como VOX é coñecedor das virtudes resultantes do desgaste producido contra C´s e PP, non pode asumir que o rumbo estratéxico diso sexa dificultar a gobernabilidade do bloque, e polo tanto, de diminuír o tamaño do apoio electoral acumulado polo mesmo. Nese cálculo, VOX decidiu situar no último ano a case totalidade do antagonismo e a confrontación no goberno central, e se cabe, nas comunidades autónomas nas que non resulta decisivo o seu papel. Aquí cabe sinalar como o apoio da formación ultradereitista resulta decisivo para manter varios gobernos. E cando falamos de sinalar, referímonos a indicar toda esa serie de cuestións discursivas e programáticas que descosen e desvertebran ao bloque reaccionario.  

Outro punto de fisura, iso si, interno á propia formación, é o que sinalamos durante varios momento no artigo: VOX é un partido liberal no económico que para procurar votantes alén do seu espazo natural precisa de determinadas innovacións discursivas. As rupturas de VOX coas cartografías que teñen dotado de sentido a relación dos cidadáns coa política (esquerda-dereita, arriba-abaixo) non son sólidas; e no medio dunha crise pandémica que requirirá dun horizonte que como mínimo integre un maior peso do sector público na economía, así como outras formas de abordar a mundialización da economía ou o reto da desigualdade, debemos avanzar en proposicións programáticas xustas e desexables que poñan a esta formación en contradición cos seus xestos de gancho social.

Perante isto reaccionarán mediante a explotación do resentimento, mediado pola “virilidade nacional” de amplos sectores da sociedade que se senten cuestionados pola marea feminista dos últimos anos ou polo desafío soberanista catalán. Esa explotación anímica é altamente rendible, e disto saben un pouco na formación de Abascal. Pero se integramos como aprendizaxe o carácter reactivo da extrema dereita en España, será moito máis doado comprender as formas discursivas beneficiosas para o conxunto de forzas transformadoras.

Se nos poñemos en posición de detectar as principais preocupacións da xente e temos a vontade de articulalas cos principais puntos de antagonismo na actualidade, teremos por seguro que o péndulo, agora situado na reacción, volverá ao lugar da transformación social. E é que se hai algunha paixón máis intensa e máis potente que a dun energúmeno que sinte fixación por un obxecto ausente, que a de quen grita ao outro por temor a aquilo que descoñece, ou a de quen non aspira a máis que a producir posicións no social mediante a explotación do resentimento, esa é a que acompaña a aqueles proxectos que aspiran a que as vítimas deixen de selo. Temos que ir alén do resentimento, e polo tanto, alén de VOX.


[i] https://xanela.org/2020/12/10/a-voltas-con-eta-tics-e-pantasmas-no-bloque-reaccionario/


[ii] Abascal abandonou o PP un mes antes do rexistro de VOX nunha carta onde reprochaba a Rajoy a súa xestión gobernamental sobre o asunto catalán e os presos de ETA. Pero non era o único crítico nese tempo. En outubro de 2013 Aznar pedía “liderado” perante o conflito catalán e que o goberno non quedara “impasible” ou “en silencio”. Os sectores máis conservadores da dereita esixían man dura co independentismo ao mesmo tempo que intensificaban os seus encontros mediante a presentación de libros como Cuando la maldad golpea, onde a Fundación VIllacisneros e a AVT conseguían a Aznar como interlocutor.


[iii] https://xanela.org/2021/05/13/que-tenen-en-comun-o-sorriso-de-rocio-monasterio-ortega-smith-cun-fusil-de-asalto-e-santiago-abascal-a-cabalo/?fbclid=IwAR0xuzfSjuF1Nlm5DEUeRtU6tvedadl6orB2D4gKy85_yBEIuEFUSJCIAiY

Bibliografía

Errejón, I. (2019), “Vox fuera de la mesa o las izquierdas a la defensiva”, Público, disponible en [Vox fuera de la mesa o las izquierdas a la defensiva – Dominio público (publico.es)](última consulta en xuño de 2021).

Fernández, M., e Hernández, M. (2019), “Partidos emergentes de la ultraderecha: ¿fake news, fake outsiders? Vox y la web Caso Aislado en las elecciones andaluzas de 2018”, Teknokultura. Revista de Cultura Digital y Movimientos Sociales.Vol. 16 Núm. 1. Dispoñible en [https://revistas.ucm.es/index.php/TEKN/article/view/63113/4564456551172] (última consulta en xuño de 2021).

López, C. (2019), “Así son los 52 diputados de VOX”, La Vanguardia, dispoñible en [Así son los 52 diputados de Vox (lavanguardia.com)] (última consulta en xuño de 2021).

Moreno, I. (2018), “¿Cómo entender el auge de VOX?”, La Trivial, dispoñible en [¿Cómo entender el auge de Vox? – La Trivial](última consulta en xuño de 2021).

Ramas, C. (2019), “Social-identitarios y neoliberales autoritarios: dos corrientes en la nueva Internacional Reaccionaria”, en A. Guamán, A. Aragoneses e S. Martín (dirs), Neofascismo.La bestia neoliberal, Madrid, Siglo XXI de España, pp. 73-88.

Sangiao, S. (2018), “Los orígenes de Vox: el aznarato y la lucha contra ETA”, CTXT, dispoñible en [Los orígenes de Vox: el aznarato y la lucha contra ETA | ctxt.es] (última consulta en xuño de 2021).

Serrano, S. (2020), “Una radiografía de la composición de clase de VOX”, La última Hora, dispoñible en [Una radiografía de la composición de clase de VOX (laultimahora.es)] (última consulta en xuño de 2021).

Pinheiro, M. (2018), “Quién es quién en Vox: los nombres detrás del partido que aspira a colocar a la ultradererecha en las instituciones”, El Diario, dispoñible en [Quién es quién en Vox: los nombres detrás del partido que aspira a colocar a la ultradererecha en las instituciones (eldiario.es)] (última consulta en xuño de 2021).

Prieto, C. (2019), “Abascal y el freno de los aristogatos. ¿Están los rojos de Vallecas votando a Vox?”, El Confidencial, dispoñible en [Abascal y el freno de los aristogatos. ¿Están los rojos de Vallecas votando a Vox? (elconfidencial.com)] (última consulta en xuño de 2021).

Ovejero, F. (2018), “Lo extrafalario no es Vox”, El Mundo, dispoñible en [Lo estrafalario no es Vox | España (elmundo.es)] (última consulta en xuño de 2021).

Tuñón de Lara, M. (1973). La España del siglo XIX. Barcelona. Editorial Laia, S.A.

VV.AA. (2019), “Las seis biografías no oficiales de los que más mandan en Vox”, El Plural, dispoñible en [Las seis biografías no oficiales de los que más mandan en Vox (elplural.com)] (última consulta en xuño de 2021).

SOBRE O AUTOR

Nicolás Filgueiras González. Graduado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Escribe sobre diversos temas, pero interésase especialmente polo campo da teoría política.

Deja un comentario